Por outra banda, moitos estudantes non saben redactar correctamente na súa lingua inicial. Polo tanto, difícilmente van saber facelo na lingua estranxeira. O tema está en que nós, como profesores de LE non temos o tempo suficiente para ensinarlles a facelo. Polo tanto, é un asunto bastante complexo.
Volvendo á sesión de Luz, comezámola reflexionando sobre qué tipos de actividades de expresión escrita facemos na vida cotiá. Algunhas delas son:
- exames
- listas da compra
- emails,cartas
- diario
- resumos
O primeiro que convén ter claro con respecto as actividades de expresión escrita é que non lles podemos mandar aos estudantes que fagan unha redacción de deberes así se máis (unha práctica moi extendida), senón que antes temos que traballar con eles o vocabulario na aula, xa sexa mediante brainstormings ou realizando unha actividade de expresión oral que teña continuidade na escrita, por exemplo.
Ao longo Luz da sesión, Luz deunos unha serie de ideas de actividades de expresión escrita, das cales sen dúbida aproveitarei máis de unha, tanto nas prácticas como na vida laboral como docente. A continuación recopilo algunhas:
- Pedirlles aos alumnos que elaboren unha redacción de presentación dicindo quenes son, que experiencia teñen co inglés e que queren facer no futuro. Podemos empregar esta actividade para facer unha avaliación inicial xa que sen sabelo, os estudantes empregarán os tempos verbais de pasado, presente e futuro.
- Darlles aos alumnos unha historia difícil de explicar e pedirlles que o fagan por escrito. Por exemplo: Que facias onte trepando pola casa dos teus veciños?
- Ofrecerlles a posibilidade de que escriban unha reseña dun libro ou película para o blogue do instituto ou un artigo para e revista e sumarlle un punto positivo de cara a avaliación aos que participen.
- Pedirlles que fagan un scrapbook (libro de recortes), e que describan nunhas liñas as cousas que inclúen nel.
- Mandarlles facer un resumo, sen esquecer que primeiro teñen que saber facer facelo, polo que será tarefa nosa mostrarlles como.
Unha das actividades da clase que máis me gustou foi a elaboración dunha oda a un obxecto. É un exercicio co que, ademais de practicar a expresión escrita, os estudantes poderán ver o sinxelo que pode resultar escribir poesía. O único que precisarán será pensar nun obxecto, coñecer a diferenza entre substantivo, adxectivo, advervio, etc e prestar atención as indicacións da profesora. No meu caso a oda resultante foi esta:
Bag
Useful, brown
Next to me
Bag
Containing stuff
Quietly
Next to me
Useful, brown
Medium-sized, fashionable
Bag
Os estudantes poden facelo de calquera obxecto ou incluso animais, e poden lograr resultados do máis divertido, que tamén é algo reseñable: o inglés non é sempre un "tostón".

Moi ben resumida a sesión, Estefanía. Recorda "there must be a PURPOSE for everything we do in the class", darlles unha razón para escribir axuda a motivar.
ResponderEliminarGracias por compartir a túa Oda!
Agora quedan as dúas últimas sesións, ánimo que falta pouco para rematar!