Nesta sesión, Carlos falounos de CALL (Computed Assisted Language Learning), é dicir, aprendizaxe asistida por computador. Trátase dun tipo de didáctica que se ven empregando desde hai anos, e non só desde o "boom" de internet. A diferencia está en que hoxe en día os cursos deste tipo se fan online mentres que anteriormente se facían a través de CD-ROM. Por aquel entón, os usuarios non podían interactuar con outros usuarios, nin compartir contido. Non cabe dúbida que estes son aspectos moi importantes no que se refire a aprendizaxe de linguas.
Porén, as TIC non paran de evolucionar e fano ata tal punto que hoxe en día non só podemos compartir contido senón que tamén podemos conversar sen necesidade de contar con outra persoa, utilizando por exemplo os asistentes persoais (Siri). Este é un aspecto que debemos ter moi en conta hoxe en día xa que as TIC nos ofrecen multitude de ferramentas como docentes e tamén como aprendentes de linguas. Podemos sacarlle moito partido as redes sociais, aos programas de videoconferencia tipo Skype, a Youtube, aos MOOC.
No que se refire a CALL, algunhas das súas características son as que seguen:
- Aprendizaxe ubicua, é dicir, podemos usalo online se o descargamos, por exemplo.
- Comunicación multimodal: contido está en diferentes formatos (vídeo, texto...)
- Aprendizaxe diferenciada: os usuarios poden recibir feedback personalizado, actividades personalizadas.
- Aprendizaxe colaborativa: non todos os cursos deste tipo o son, pero moitos son sociais, os usuarios axúdanse entre si.
- Metacognición: ao gardar todo o que vai producindo o usuario pode volver acceder ao contido cando queira e reflexionar sobre el, sobre o que fixo ben e mal, sobre o que melloraría, etc. Isto é ocorre por exemplo cos nosos portfolios. Imos poder acceder a eles cando queiramos.
- Deseño adaptable aos diferentes dispositivos (móviles, ordenadores, tabletas)
- A aprendizaxe pode ser síncrona ou asíncrona, é dicir, todos os alumnos ao mesmo tempo ou asíncrona, cada aprendente ao seu propio ritmo.
En canto ás modalidades pode tratarse de full e-learning, é dicir, que se realiza totalmente de xeito virtual ou blendeb learning, que combina partes online e partes presenciais (sen que teña que ser un 50-50%). No referente aos aprendentes, poden existir clases one-to-one, grupos pequenos e tamén grandes grupos (MOOCs).
En CALL emprégase a regra do 90-10-1. Isto quere dicir que o 90% do material empregado se recicla doutros anos, o 10% é material novo creado especialmente para ese ano pero que vai na liña do material doutros anos, e o 1% representa un tipo novo/diferente de actividade.

