Actividade: Qué é a WIFI?
Nivel: Bacharelato.
O material de traballo será o seguinte vídeo:
En primeiro lugar, a profesora presentaralles aos estudantes unicamente o audio. O primeiro exercicio que terán que facer será anotar nos seus cadernos todos os termos que escoiten, relacionados coas TIC. Unha vez finalicen, a profesora ira anotándoos na pizarra.
A continuación pediralles aos alumnos que mencionen máis termos do mesmo ámbito que xa coñezan. Deste xeito, a clase en conxunto construirá un brainstorming. Así, os estudantes aprenden os uns dos outros. Neste exericicio, e grazas ao emprego de vocabulario do ámbito das TIC, traballase a competencia dixital.
En segundo lugar, os alumnos terán que completar as oracións do vídeo coas palabras que falten. Terán a oportunidade de velo en dúas ocasións:
Have you ever __________ what in the world is Wifi?
Well, you are not _________.
Basically Wifi is a term for technology that allows __________to connect the Internet wirelessly.
In order to use Wifi, you need a wireless _________ that is connected to the Internet.
This creates a wireless __________.
When you are in a wireless hotspot, you are _______ to connect to the router and access the internet wirelessly.
Some devices that use Wifi include computers, tablets, some __________ __________, TVs, Smartphones, and more.
With Wifi it is easy to stay connected withouth the ________of wires.
Por último, e como traballo para a casa, pediráselles aos alumnos que describan un termo tecnolóxico (a escoller entre os que apareceron no brainstorming). Porén, non se especificará o tipo de exercicio, senón que cada un poderá facelo como desexe (dende un writting, pasando por un audio, un vídeo, o que se lles ocorra). Mediante esta técnica fomentase o sentido da iniciativa e o espírito emprendedor. Ademais, encomendaráselles que leven a cabo este exercicio por parellas, fomentando así a competencia social e cívica, xa que se terán que esforzar por levarse ben cos compañeiros, se queren sacar adiante a tarefa.
Moi boa actividade (que NON exercicio! recorda a diferencia). Está moi ben traballar primeiro co audio e logo xa con audio en vídeo. Tamén poderías fcelo ao revés, traballar primeiro só co vídeo e pedirlles que predigan que palabras aparecerán no audio.
ResponderEliminar