mércores, 1 de febreiro de 2017

Actividade a partir dunha foto


PENGUINS IN THE JUNGLE



Nivel2º ciclo da ESO
Duración20-30 minutos
MaterialesFotos impresas
Grupos3-4 persoas

1. Pedímoslles aos alumnos que se dividan en grupos de 3 ou 4 persoas.

2. Repartimos unha foto para cada grupo e damoslles 2 minutos para para pensar se a foto é verdadeira ou falsa e por que pensan así. Poderíamos empregar un cronómetro online, para supervisar que todos os grupos estean traballando e non ter que estar pendentes do tempo.
3. Preguntamos a cada grupo cal é a súa resposta é anotamos no encerado por que opinan que a foto é falsa/ verdadeira. Un membro de cada grupo anota as respostas.
4. Cando estean todas as respostas anotadas, revelamos que a foto é verdadeira.
5. Pedímoslles aos alumnos que pensen por que os pingüíns están nunha xungla. Que motivos poden ter para estar ai? (2 minutos).
6. Volvemos a anotar no encerado as posibles razóns. Vixiamos que os voceiros e as persoas que escriben non sexan as mesmas que antes.
7. Revelamos a resposta final.

Estes pingüíns son de Nova Zelanda e van a unha illa para poñer os seus ovos, xa que alí non hai ningún depredador natural.

Ampliación persoal

A partir desta actividade, poderíamos pedirlles aos alumnos que elaboren un cómic da foto, indicando como chegaron ata alí os pingüíns, que pasou despois da imaxe...etc. Podería facerse unha exposición cos cómics resultantes na aula.

2 comentarios:

  1. Moi boa idea de explotación posterior. Os comics poden ser elaborados a man (utilizando diversas técnicas) ou con medios TIC.

    ResponderEliminar
  2. o único co que non estou de acordo é co tempo que lle dedicarías, vaite levar moito máis.

    ResponderEliminar